MELLORAS NO PARQUE EMPRESARIAL DE RIBADAVIA

Esta mañá, en rolda de prensa, o alcalde do IMG_3371Concello de Ribadavia, José Ignacio Gómez Pérez, e o concelleiro de Facenda, Parque Empresarial, Obras Públicas e Infraestruturas, Javier Iglesias Sendín, veñen de presentar as melloras que se levarán a cabo no Parque Empresarial de San Cristovo.

As actuacións que se executarán serán dúas, por unha banda a “mellora da eficiencia enerxética na rede do alumeado público” e, por outra parte, a “mellora do vial de acceso ao aparcadoiro do parque empresarial”.

Estas accións encádranse dentro das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia, concedidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. O importe das axudas alcanza os 150.000 €, dos cales o Concello de Ribadavia terá que cofinanciar o 20%, é decir, sobre uns 30.000 €.

 

Check Also

ruben_director_mostra_teatro

HOMENAXE A RUBÉN GARCÍA

O Concello de Ribadavia e a familia do homenaxeado, comprácese en ao acto homenaxe a …