MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO (MIT)

Datas: Terceira semana do mes de xullo.

Lugar de celebración: Ribadavia (Ourense). En varios puntos do concello: Auditorio do Castelo, Casa da Cultura, San Cristovo, Sampaio, Francelos e nas rúas de Ribadavia.

Principais actividades:

  • Obras teatrais e diversos espectáculos escénicos de compañías galegas, nacionais e internacionais.
  • Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas.
  • Concurso Premio Abrente de Textos Teatrais.
  • Foro MIT Ribadavia: encontro co sector profesional das artes escénicas de Galicia.