NOITE MEIGA

Datas: último sábado de outubro ou o primeiro de novembro sempre cadrando coa festividade de tódolos Santos.

Lugar de celebración: Ribadavia (Ourense).

Principais actividades: É unha festa que se realiza  nesa data pola razón propia que sinala a tradición. O SAMAIN é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo.

  • Academia de feiticeiros.
  • Desfile.
  • Pasaxe do terror.
  • Mercado meigo.
  • Queimada.
  • Teatro.
  • Aquelarre.
  • Concerto.