O CONCELLO DE RIBADAVIA ABRE AS LISTAS PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DE POSTOS DE TRABALLO NA CATEGORÍA DE “ AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR”.

  • As solicitudes presentaranse de conformidade co disposto nas bases no Rexistro Xeral do Concello entre os días 4 e 22 de novembro de 2019

 

 

 A Xunta de Goberno Local do Concello de Ribadavia, aprobou as bases que rexerán o proceso de elaboración de listas para a provisión temporal de postos de traballo na categoría de “auxiliares de axuda no fogar”. As solicitudes presentaranse de conformidade co disposto nas bases no Rexistro Xeral do Concello, e o prazo de presentación será do 4 ó 22 de novembro de 2019.

 

Para poder presentar solicitude hai que estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

 

-Curso de atención sociosanitaria e/ou certificado de profesionalidade de atención a persoas no domicilio.

-Curso de atención sociosanitaria e/ou certificado de profesionalidade de atención a persoas en institucións.

-Título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou atención a persoas en situación de dependencia.

-Título de formación profesional de técnico en coidados auxiliares de enfermería ou de xeriatría.

 

 

E tamén estar en posesión de:

-Permiso de conducir B1.

 

 

 

Compartir

Check Also

PROGRAMA DA SEMANA SANTA EN RIBADAVIA 2024

Comezan o próximo día 25 de marzo co obradoiro de reciclaxe “Crecicla”, destinado a nenos de 6 …