O CONCELLO DE RIBADAVIA PON EN MARCHA A CAMPAÑA DE AXUDA SOCIAL “RIBADAVIA CONTIGO”.

  • Esta liña de axudas conta con unha dotación inicial de 16.500€ e as solicitudes poderánse presentar dende o 18 de novembro ata o 23 de decembro nas oficinas dos servizos sociais do concello de Ribadavia.

 

O Concello de Ribadavia ven de poñer en marcha a campaña de axuda social “Ribadavia Contigo”. Con este programa de axuda social, o concello de Ribadavia pretende apoiar ós veciños e veciñas que teñen poucos recursos, ou os que por motivos da crise socioeconómica do COVID 19, viron reducidos os seus ingresos. A través do programa “Ribadavia Contigo” , o concello pretende, dunha banda, axudar ás persoas que mais o necesitan a complementar as necesidades básicas de alimentación, hixiene, farmacia e vestimenta durante os meses de novembro e decembro e, doutra banda, tamén se pretende potenciar o consumo no comercio local, apoiando ós establecementos de Ribadavia.

 

As cuantías da axuda son as seguintes:

 

 

  • Para familias de 1 membro 150€/mes.
  • Para familias de 2 membros 200€/mes.
  • Para familias de 3 ou mais membros 250€/mes.

 

Os requisitos para acceder a estas axudas son:

 

– Ser  maior de 18 anos ou estar emancipado legalmente ou no seu lugar ter iniciado o trámite  legal de emancipación.

 

– Estar empadroado/a no Concello de Ribadavia.

 

– Realizar o gasto da contía concedida en Establecementos do Concello de Ribadavia.

 

– Que o cómputo total dos ingresos da unidade familiar, non superen o seguinte limiar:

 

Familia de 1 membro: 100% do IPREM                                            537 €

Familia de 2 membros: 130% do IPREM                                          698 €

Familia de 3 membros ou máis membros: 150% do IPREM          805€

 

O prazo e lugar de presentación:

 

A presentación das solicitudes será do 18 de novembro ata o 23 de decembro:

 

  • Se a solicitude se presenta dende ó 18 de novembro ata o 30 de novembro, percibiranse 2 mensualidades.

 

  • Se a solicitude se presenta dende o 1 de decembro ata 23 de decembro, percibirase 1 mensualidade.

 

 

Poderán presentase as solicitudes no Dpto. de Servizos Sociais do Concello de Ribadavia.

 

Obrigas dos beneficiarios:

 

  • Realizar o gasto da axuda concedida nos establecementos do comercio local do Concello de Ribadavia facilitados no listado que se anexará na resolución de concesión da axuda.

Así mesmo xustificar o gasto da axuda concedida coa presentación dos tíckets ou facturas correspondentes ata ó 28 de decembro de 2020.

 

  • Esta axuda é incompatible coa tarxeta moedeiro da Xunta de Galicia.

 

 

Check Also

Microrrelatos Gañadores do 1º Concurso de Microrrelatos CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Premios Adultos: 1ºPremio: “Manaus”-Constanza Garabatos Funes-Vigo MANAUS Lembro un cuarto escuro nunha casa descoñecida no …