O CONCELLO DE RIBADAVIA PREPARA UNHA FIN DE SEMANA “VIRTUAL” DE ACTIVIDADE RELACIONADA CO VIÑO DO RIBEIRO

🔵 O evento, que terá lugar nas redes sociais, chamarase “Feira do Viño do Ribeiro Virtual” e pretende adicar a fin de semana á promoción e difusión do viño do Ribeiro, coincidindo coa que sería a fin de semana de celebración da Feira do viño do Ribeiro, que tivo que suspenderse como consecuencia do estado de alarma.

🔵 O concello de Ribadavia prepara unha fin de semana virtual de actividades realcionadas coa promoción e a difusión do viño do Ribeiro. Con esta actividade, que se chamará “Feira do viño do Ribeiro Virtual”, o concello de Ribadavia pretende empregar as redes sociais municipais coma punto de encontro das persoas que se darían cita na 57 edición da Feira do Viño do Ribeiro que, de non ser pola emerxencia sanitaria do COVID-19 e o estado de alarma, estaría celebrándose esta mesma fin de semana.

🔵 Con esta actividade, o Concello de Ribadavia pretende non deixar pasar unhas datas que son as tradicionais de celebración da Feira do Viño do ribeiro para que, a través do cancelo #FVRVirtual, a cidadanía participe de xeito activo nas redes sociais celebrando o que sería unha edición virtual e dende a casa da Feira do Viño do Ribeiro. Dentro do programa desta celebración virtual haberá actividades coma un brindis colectivo con viño do Ribeiro, catas comentadas por parte de adegas e coleiteiros da D.O. Ribeiro e moitas outras sorpresas que se irán develando ao longo desta semana.

📌 Nestes días seguirémosvos informando nas RRS

#FVRVirtual

Compartir

Check Also

Bonos Activa comercio – Adhesión comercios

Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia …