O CONCELLO DE RIBADAVIA PRESENTA AS ACTIVIDADES DO SEU PROGRAMA DE NADAL 2019.

 

● O programa iníciase hoxe día 6 decembro co acendido do alumeado navideño e contempla unha chea de actividades para públicos de todas as idades.

● A programación inclúe novidades como un roteiro de música tradicional e panxoliñas que fará chegar a animación a diferentes localidades do concello; asi coma unha escola de Nadal para os mais cativos con visitas a Perlim e Pazolandia.

O Concello de Ribadavia ven de presentar as diferentes actividades programadas para este Nadal 2019. O programa conta con un amplio abano de actividades para todos os públicos e con unha especial atención aos máis cativos e ás medidas de conciliación da vida laboral e familiar. Dentro deste ámbito destaca unha “Escola de Nadal”, levada a cabo en colaboración co espazo educativo Bolboretas e con Estudio Arte, que se celebrará entre os días 23 de decembro e 3 de xaneiro e que inclúe cine, festa, obradoiros e execursións a Perlim e Pazolandia.

A Escola conta con 50 plazas para nenos e nenas de entre 3 e 14 anos e ten un prezo de 30€ para as familias empadroadas en Ribadavia. Ademais desta escola de Nadal, os mais cativos poderán disfrutar tamén do tradicional “Ribanadal” que se celebrará no polideportivo do Consello entre os días 23 e 31 de decembro, e da escola musical que organiza A Lira de Ribadavia para os amantes da música.

 

O programa de Nadal do Concello de Ribadavia incluirá nesta ocasión novidades importantes coma o Roteiro de Música Tradicional e Panxoliñas, que fará chegar o ambiente festivo a diferentes localidades do Concello. Ademais, o programa inclúe un festival de maxia (FEST MAX), os días 6 e 7 decembro na igrexa da Madalena, concertos, cine infantil, teatro a cargo de Teatro do Vilar, o Ciclo de humor “Viño e Risas” (Luis Zahera e Carlos Blanco), o Mercadillo de Nadal organizado polos Establecementos Asociados do Ribeiro os días 21 e 22 de decembro na plaza buxán e a igrexa da Madalena, un obradoiro de introducción á impresión 3D, un obradoiro de cine de animación, un obradoiro de “Minecraft”, a “Carreira Pedestre Popular” que se celebrará o 22 de decembro, a tradicional Cabalgata de Reis e outras moitas sorpresas que se irán develando en próximas datas.

Nesta ocasión dende o concello apostamos por levar a cabo todas as actividades do Nadal con empresas de Ribadavia como Bolboretas, Estudio Arte, OcioAvia e Pintamonas e ademais buscamos a colaboración activa de colectivos e asociacións locais como AMECHIR, A Lira de Ribadavia, Teatro do Vilar, Establecementos Asociados do Ribeiro, A Chairiña, Cruz Vermella, Lóstrego, As Lajartas, Mulleres Rurais, os Magos do Ribeiro e moitos outros colectivos veciñais aos cales estamos profundamente agradecidos pola súa colaboración.

 

Agora agardamos que este programa de actividades, o alumeado e a decoración navideña sexan do agrado de toda a veciñanza e das persoas que visiten Ribadavia neste Nadal

 

Check Also

Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de …