O CONCELLO DE RIBADAVIA REMATA A 10ª EDICIÓN DOS “OBRADOIROS DE MEMORIA E ANIMACIÓN SOCIAL”

Nesta semana (do 24 ó 27 de maio), remata a 10ª edición  dos Obradoiros de Memoria e Animación Social nos que se tratou de acercar aos pobos (Centros Sociais) actividades para as persoas maiores de 60 anos, consistes en obradoiros de memoria, animación á lectura, así como distintas actividades lúdicas.

Estes Obradoiros tiveron lugar por décimo ano consecutivo dende o ano 2006 e seguiranse levando a cabo a partir de outubro de 2016 ata maio de 2017. Realízanse en núcleos rurais, entre outras cousas, para dinamizar a vidas das persoas maiores nos pobos e co seguintes horarios:

  • San Paio: Martes de 16:00 a 18:00 H. (remate 24 de maio)
  • San Cristovo: Mércores de 16:00 a 18:00 H. (remate 25 de maio)
  • Ribadavia: Xoves 16:00 a 18:00 H.(remate 26 de maio)
  • Francelos: Venres de 16:00 a 18:00 H. (remate 27 de maio)

A  asistencia media semanal nos catro núcleos foi de 59 persoas.

Check Also

CLARA ISAMAT PRESENTA E PROXECTA NO RIBEIRO O SEU DOCUMENTAL “FERMENTACIÓN ESPONTÁNEA”

O vindeiro día 20 de novembro ás 10:30, a recoñecida sumiller Clara Isamat chega ao …