O Pleno do concello de Ribadavia, reunido en sesión ordinaria o día 28 de maio de 2020, adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

1) Que o Concello de Ribadavia denuncie publicamente este sistemático recorte de servizos no noso centro de saúde, e demande ao goberno galego a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do servizo galego de Saúde ás necesidades reais dos nosos centros de saúde e dotalos de persoal, necesario para garantir unha atención accesible e de calidade.

2) Que o concello de Ribadavia esixa ao goberno galego o cese da política de desmantelamento e peche dos servizos no PAC de Ribadavia.

3) Reiterar as mocións aprobadas neste Pleno a favor dos servizos do PAC de Ribadavia e da reforma do propio edificio.

4) Reiterar o cumprimento dos puntos e mocións aprobados en anteriores plenos municipais.

5) Comunicar a presente moción da corporación municipal de Ribadavia á Consellería de Sanidade, ao conxunto dos concellos do Ribeiro e da área sanitaria do CHUO, así como ao conxunto da poboación e dar, cos medios posibles para o concello, a máxima difusión ao seu contido, cando menos en:

– Difusión en prensa por parte do Concello.

– Difusión na web municipal e nas redes sociais oficiais do concello.

César Fernández Gil

Alcalde de Ribadavia

Compartir

Check Also

ACTA DE VALORACIÓN DE MÉRITOS DE VARIAS PRAZAS DENTRO DA BOLSA DE EMPREGO 2024

Publícanse as actas definitivas de valoración de méritos, dentro da bolsa de emprego 2024, para …