OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL (OMIX)

A Casa da Xuventude, onde está a Oficinal Municipal de Información Xuvenil, pertence ao Concello de Ribadavia.

O obxectivo principal da Casa da Xuventude e da Oficina Municipal de información Xuvenil é realizar unha política que permita a participación activa dos mozos no desenvolvemento político, social, económico e cultural do noso pobo.

As principais actividades inclúen:

  • Visitas informativas aos colexios locais
  • Charlas informais sobre oportunidades para os mozos
  • Crear vínculos novos entre organizacións europeas e preparar proxectos coa axuda do programa Erasmus+.
  • Acollida de voluntarios e envío de voluntarios de Ribadavia e a bisbarra do Ribeiro.
  • Participación de mozos de Ribadavia en programas de Acción Clave 1 e 2 (do Programa Erasmus +).
  • Colaboración en cursos de formación.
  • Seminarios en temas de  emprego xuvenil, cooperación internacional e divulgación do programa Erasmus +.
  • Organización de xornadas de información sobre temas de saúde, educación, emprego etc.
  • Dinamización da xuventude a través de diversas actividades culturais, artísticas e deportivas da bisbarra do Ribeiro.
  • Obradoiros de idiomas e outras actividades (fotografía, pintura, literatura).
  • Tramitación do carné xoxe, Tramitación de bolsas e axudas, etc.
  • Apoio á organización de eventos locais.
  • Asesoramento a mozos da comunidade para fomentar o asociacionismo,

A Casa da Xuventude, no que a instalacións se refire, consta de tres pisos con aula de informática para a xente nova, aula de exposicións, aula de audiovisuais e aula para o traballo diario das asociacións.

Nº REXISTRO: 32069 SIX 042

7877_658694980814316_1668429366_n

 

HORARIO:

De luns a Venres: 10.30 h- 13.30 h

Teléfono: 988 471 929

Fax: 988 471 929

ENDEREZO:

Casa da Xuventude (Porta nova de abaixo, nº9 - 32400 Ribadavia)