ORIENTACIÓN LABORAL

O servizo de Orientación Laboral traballa co obxectivo de mellorar e promover a inserción laboral dos demandantes de emprego.

Entre as súas funcións destacan:

  • Informar sobre o mercado de traballo e as medidas e servizos ofrecidos polos Servizos Públicos de Emprego: Informar sobre o mercado de traballo e as ofertas de emprego existentes, as políticas activas e pasivas dos Servizos Públicos de Emprego.
  • Realizar un diagnóstico individualizado ou perfil dos demandantes de emprego que inclúa toda a información posible sobre as características persoais relevantes que permita medir o grao de empregabilidade.
  • Deseñar, realizar e facer seguimento dos itinerarios individuais e personalizados de emprego que inclúan unha proposta de derivación a accións para a mellora da empregabilidade (desenvolvemento de aspectos persoais, busca activa de emprego, traxectoria formativa individual, entre outros).
  • Informar e xestionar ofertas de emprego axeitadas para cada usuario potenciando a captación e a cobertura de ofertas a través dun sistema de intermediación transparente e eficaz.
  • Contactar con empresas para difundir información sobre as iniciativas para facilitar a inserción laboral.