Ponencia do autor da novela “Portosanto”:

Acompañado dunha presentación gráfica, Rodrigo Costoya comenta os piares que sustentan a teoría de que Cristóbal Colón foi en realidade Pedro Álvarez de Soutomaior (que pasou á historia como Pedro Madruga).

Aparte de comentar os indicios que existen que sustentan dita Teoría, da unha explicación (amplamente desenvolvida na sua Novela) ao cambio de identidade de tan ilustre personaxe.
A ponencia está pensada para desenrolala en 45 minutos. Despois hai 30 minutos mais para debate ou preguntas cos e coas asistentes.
Sorteo entre os e as asistentes de 5 exemplares da novela Portosanto en versión orixinal (galego).
Aclaración: Os 8 Concellos nos que se realizará esta actividade (entre os que está Ribadavia), foron escollidos por estar especialmente vencellados á historia narrada na novela e, polo tanto, coa figura de Pedro Álvarez de Soutomaior.
Leváranse a cabo todas as normas de protocolo da COVID-19

Check Also

Microrrelatos Gañadores do 1º Concurso de Microrrelatos CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Premios Adultos: 1ºPremio: “Manaus”-Constanza Garabatos Funes-Vigo MANAUS Lembro un cuarto escuro nunha casa descoñecida no …