PRAZO DE PREINSCRICIÓN NO CONSERVATORIO E ESCOLA DE MÚSICA

Infórmase que durante todo o mes de maio estará aberto o prazo de preinscrición para a reserva de praza para o curso académico 2016-17, para todas as persoas que desexen cursar estudos musicais no Conservatorio Profesional ou na Escola Municipal de Música de Ribadavia.

Deberase cumprimentar dito documento para garantir a reserva de praza. Tanto para solicitalo como para posteriormente entregalo deberáse acudir as dependencias do centro situado na Casa de cultura.

No caso dos nenos que desexen escomezar estudos Oficiais   no Conservatorio Profesional, deberán ter en conta que, a idade mínima para acceder a estudos de grao elemental é de 8 anos segundo a L.O.E. (Lei Orgánica de Educación 2/2006) .

Na Escola Municipal de Música a idade mínima requerida para escomezar será de 4 anos, onde podrán cursar a asinatura de Música e movemento, e dende os 7 anos en diante e sen límite de idade ,poderán optar por calqueira dos instrumentos que se ofertan no Centro ou calqueira das distintas materias complementarias.

Paras as persoas adultas que desexen iniciar os seus estudos musicais , contan con horarios adaptabeis as súas necesidades .

Pode consultar ás disciplinas impartidas aquí. 

 

Check Also

Axudas

AXUDAS AO TRANSPORTE UNIVERSITARIO

Publícanse as bases para a concesión de axudas para transporte de estudiantes de Ribadavia que …