PRESENTACIÓN DAS ACTIVIDADES DO NADAL 2016

Esta mañá, en rolda de prensa, acaba de ser presentada a programación das actividades que se levarán a cabo durante o Nadal no Concello de Ribadavia.

img_4372

No acto, que tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ribadavia, participaron o Alcalde de Ribadavia, José Ignacio Gómez, a concelleira de Cultura e Turismo, María López Touza e os representantes de E.A.R. (Establecementos Asociados do Ribeiro) Miguel Davila, secretario, e María García, vogal.

A programación é a seguinte:

MES DE DECEMBRO

– Día 2: Encendido do alumeado do Nadal: árbore da Praza Maior, castelo e rúas da vila ás 19:00 h

– Día 11: Tempo de Nadal “Lembraza do Vilancico”, ciclo 24, na igrexa de San Francisco ás 19:00 h. Organiza: Asociación de amigos do museo Coro de Cámara Club Artístico e Coral Ecos do Avia.

– Día 18: Aerobithon solidario: Master Class,  no pavillón municipal O Consello (17:00 h). Haberá que levar un quilo de comida ou un xoguete.

– Día 21: Festival de Escolas Unitarias do CRA AMENCER, na Casa da Cultura de 11:00 a 13:00 h

– Día 21: Concerto da coral Ecos do Avia, no centro socio comunitario ás 18:00 h

– Día 21: Concerto de Nadal do Conservatorio e a Escola Municipal de Música ás 20:00 h.

– Semana do 26 ao 30: Ludoteca Ribanadal, de 9:00-13:30 h. Obradoiros educativos, xogos e outras actividades de lecer no CPI Tomás de Lemos, edificio da Alameda.

– Semana 23 ao 30 RIBANADAL: Pista de xeo e infláveis a cargo de Mantesil Ocio  de 16:00-21:00 h, no pavillón O Consello. Acceso toda a tarde con entrada de 4 euros. Para todos os públicos.

O día 24 de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h será gratuíto

  • Patrocinan: Aqualia, Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Amando, Establecementos Asociados do Ribeiro, Viña Costeira, cartel_nadal_2016Termas Prexigueiro.

– Día 24: Misa de Nadal cantada pola Coral Ecos do Avia, no Asilo Nosa Señora dos Ánxos ás 17:00 h

 

MES DE XANEIRO

– Día 1: Concerto de Aninovo de A Lira, ás 20:00 h, no auditorio da Casa da Cultura.

– Días 2 e 4: Cine infantil, ás 17.00 h na Casa da Cultura.

– Día 5: Cabalgata de Reis, ás 18.00 h. Saída do IES O Ribeiro e chegada á Praza Maior.

– Día 7: “Separemos ben, reciclaremos mellor”, ás 10:00 h na Picuxa.

 

EAR –ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS DO RIBEIRO

– III Concurso de Pinchos de Outono do Ribeiro. Datas: do 2 ata o 11 de decembro, en horario de 12:00 a 16:00 e de 19:00 a 23:00 horas. “Pincha e gaña premios”.

– 23 de decembro: Animación polas rúas de Ribadavia todo o día a cargo de personaxes navideños, con entrega de calendarios para os adultos, e para os máis pequenos caramelos e globos. Na mañá do 23 de decembro, entrada libre a Ribalandia pola mañá para os que merquen en EAR nesa semana.

– 9 de xaneiro: Sorteo de Nadal dos Establecementos Asociados do Ribeiro, con 1.000 € en premios, un cheque de 500€ e 5 cheques de 100€ para gastar nos Establecementos Asociados do Ribeiro. O sorteo será na Praza de Abastos.

Check Also

embajad_grande

ACTUACIÓN DA GARDA REAL NO CONCELLO DE RIBADAVIA

O Concello de Ribadavia acollerá na tarde de mañá venres, día 19 de maio de …