Presentación dos principais concertos das Festas da Virxe do Portal

O Concello de Ribadavia presentou esta maManu Tenorioñá en rolda de prensa as principais actuacións que terán lugar o vindeiro mes de setembro durante as festas patronais na honra da Virxe do Portal. Este ano as festas serán os días 8, 9 e 10 de setembro de 2017.

A noite do venres día 8 de abril, a partir das 23.00 h, no palco da Alameda de Ribadavia levarase a cabo a actuación de Manu Tenorio. O cantante andaluz, participante na primeira edición de Operación Triunfo, ofrecerá un concerto gratuíto para goce do público que se achegue a Ribadavia.

 

Ao día seguinte será o turno da actuación do grupo canario Efecto Pasillo, que dende ás 23.30 h, no patio do IES O Ribeiro, fará bailar e pasalo ben coas súas cancións. O concerto será con entrada, pois terá un custe simbólico de 5€, as cales se porán á venda ao longo do mes de xuño en puntos dos que se informará previamente.Efecto Pasillo

 

Tanto os concertos como o resto de actividades da programación das festas deste ano están destinados a todos os públicos, pretendendo que toda a familia poda gozar e participar da festa.

As festas que, un ano máis, serán organizadas polo Concello de Ribadavia, a través da súa Concellería de Cultura e Turismo, tratan de recuperar o antigo esplendor e tradición que tiveron noutras épocas, sendo unha actividade de carácter lúdico e festivo de referencia na comarca e na provincia.

Check Also

ruben_director_mostra_teatro

HOMENAXE A RUBÉN GARCÍA

O Concello de Ribadavia e a familia do homenaxeado, comprácese en ao acto homenaxe a …