PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no DOG nº 24 do día 2/2/2018 as bases do Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria para o ano 2018.

Por medio desta convocatoria as empresas que soliciten participar terán a posibilidade de obter axudas para a contratación e formación por conta allea.

Hai dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima de doce meses das persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Persoas e entidades beneficiarias:

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes:

1. O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

2. As solicitudes dos bonos de contratación e formación deberanse presentar no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.

3. O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de outubro 2018, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Pode consultar as bases íntegras da convocatoria premendo aquí.

Check Also

PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE

  PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE   Consellería de Emprego e Igualdade. RESOLUCIÓN do 26 de …