PROGRAMA DO BONO PARA AUTÓNOMOS PARA O ANO 2018

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Economía e Industris ven de publicar as axudas do “Programa do bono das persoas autónomas para o ano 2018”.

 

Persoas beneficiarias

As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

 

Contía da axuda

Consistirá nunha subvención dun 80 % da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta do beneficiario.

 

Liñas de actuación:

Liña 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

• Investigación de mercado.

• Plan de márketing.

• Plan de comunicación do negocio.

• Plan estratéxico do negocio.

• Plan crecemento: constitución sociedade.

• Plan de reorientación do negocio.

• Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.

• Plan de refinanciamento.

Tamén poderanse subvencionar outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

Liña 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

• Compra de maquinaria.

• Compra de útiles e ferramentas.

• Reforma do local do negocio.

• Equipos informáticos.

• Rótulos.

• Aplicacións informáticas e páxinas web.

• Creación logotipo do negocio.

 

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Para poder presentar as solicitudes ten que premer no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/

 

Pode consultar as bases íntegras da axuda premendo aquí.

Check Also

Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de …