PROGRAMACIÓN DE SAN XOÁN

Ribadavia preparáse para o San Xoán organizando actividades para todos os públicos ao longo da xornada do día 23 de xuño.a ciencia e divertida

Ás 18:00 horas na Igrexa da Madalena celebraremos cos nenos unha actividade moi divertida, un obradoiro chamado “A ciencia é divertida” para nenos de 3 ata aproximadamente 8-9 anos da man de Ana Romero (Nita). Onde os ensinarán que a ciencia está presente na nosa vida e os nenos e as nenas aínda o están descubrindo. ¡Deixémoslles experimentar!

 

soño

 

Ás 20:00 horas, no patio do Xulgado, proxectaremos o filme ” O soño dunha noite de San Xoán”, na que  Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho.

Ás 22:00 horas no auditorio do Castelo, propomos un ritual celta do solsticio de verán. No que Ángeles, axudará a eliminar os malos espíritus e atraer enerxías positivas; xa que esta é unha noite na que todo pode pasar, e onde as meigas e fadas nos axudan.

Como non pode ser menos, como de costume, ás 00:00 horas prendeánse as cacharelas e a queimada na Praza Maior. Onde tamén temos doces, licores e herbas -para a auga de San Xoán- tradicionais de balde para todos os veciñ@s.

Check Also

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/2018.

O Concello de Ribadavia abre o prazo de solicitude das axudas de material escolar para …