Reanudación de periodo de cobro de imposto

A situación de urxencia xerada pola evolución do “coronavirus”, levou ao Goberno da Nación, a decretar o estado de Alarma polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, establece a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos do sector público.

O 18 de marzo, entrou en vigor o Real Decreto 465/2020, de 17 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. O Real Decreto 465/2020, de 17 de marzo establece que a suspensión dos termos e a interrupción dos prazos administrativos a que se fai referencia no citado Real Decreto non será de aplicación aos prazos tributarios, suxeitos a normativa especial, nin afectará, en particular, aos prazos para a presentación de declaracións e autoliquidacións tributarias.

En consecuencia, a suspensión e interrupción de prazos prevista no Real Decreto 463/2020 non é de aplicación directa aos procedementos tributarios.

Por outra banda, o art. 33 do Real Decreto Lei 8/2020, 17 de marzo, regula expresamente os efectos da suspensión de prazos no ámbito tributario, introducindo modificacións nos vencementos dos prazos establecidos na Lei Xeral Tributaria.

No Boletin Oficial da Provincia de Ourense, núm. 55 de data 7 de marzo de 2020, publicouse o periodo de pago do Imposto de vehículos de Tracción Mecánica, exercicio 2020, establecendo o mesmo entre o 1 de marzo e o 30 de abril de 2020, prazo que nun principio foi suspendido por parte do Concello.

Nestas circunstancias, resulta obrigada a adopción de medidas extraordinarias no ámbito de aplicación dos tributos e outros ingresos de dereito público do concello de Ribadavia.

 

Vistos os antecedentes, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade, adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO: Ampliación do prazo de pago en período voluntario ata o 25 de xuño de 2020 dos prazos de pago do Imposto de Vehículos de Traccion Mecánica , exercicio 2020.

 

SEGUNDO: O presente acordo notificarase colectivamente mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e no Taboleiro e paxina web do Concello de Ribadavia.

 

Ribadavia, a 18 de maio de 2020

O Alcalde- Presidente

 

Asdo: Cesar Manuel Fernández Gil

Check Also

Día Mundial do Teatro. 27 de marzo de 2021.

O 27 de marzo celébrase o Día Mundial do Teatro e desde o Concello de …