Renovación da web do Concello de Ribadavia

O Concello de Ribadaviweb_1_ribadaviaa presentou a nova imaxe e estrutura do seu portal web www.ribadavia.es , así como a presenza, de xeito significativo, nas redes sociais (Facebook, Twitter, YouTube e Instagram). Unha imaxe máis dinámica e atractiva que pretende facilitar a navegación aos seus usuarios.

Segundo o alcalde, José Ignacio Gómez Pérez, “o novo formato da páxina web ten como obxectivo básico levar a cabo dúas funcións, por un lado ser unha canle de comunicación e información máis áxil para os veciños de Ribadavia; e por outra parte, pretende ser unha ferramenta de promoción do concello e dos seus eventos ante os turistas e visitantes”.

A partir de agora, calquera persoa dispón na web dos medios para levar a cabo todo tipo de trámite e xestión coa administración, así como consultar toda actividade e as novas relacionadas co concello. Así, deste xeito, é preciso sinalar que a nova web ofrece un formulario que permitirá que os veciños podan conectar con calquera dos cinco partidos que forman parte da corporación para facerlle chegar as súas consultas.

Un apartado novidoso é o que ten que ver coa transparencia, no que o Concello de Ribadavia está a traballar co Eido Local, para poñer a disposición de todos os cidadáns aquela información que se require e que, nos vindeiros días, estará exposta.IMG_2111

Outro dos enfoques que chama a atención é o énfase que se lle da aos eventos culturais e turísticos que teñen lugar en Ribadavia ao longo do ano. Así cada evento conta co seu espazo propio e ligado ás súas web, co gallo de ofrecer aos turistas e visitantes esa información que reclaman e que os achege ata Ribadavia para gozar deles. O punto de vista do turismo está moi coidado neste renovado espazo virtual.

Por último, o alcalde tamén destacou que as redes sociais servirán como vía de comunicación e información cos veciños e para que aqueles que se atopan lonxe ou non coñezan Ribadavia se interesen por ela e poidan chegar a visitala algún día.

 

Check Also

ruben_director_mostra_teatro

HOMENAXE A RUBÉN GARCÍA

O Concello de Ribadavia e a familia do homenaxeado, comprácese en ao acto homenaxe a …