RIBADAVIA CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN DO SEU PATRIMONIO

Levarase a cabo unha visita guiada ao Museo do viño de Galicia e unha visita nocturna teatralizada ao castelo e o casco histórico de Ribadavia.

Ribadavia, 20 de agosto de 2019.- Ribadavia celebra esta fin de semana unha serie de actividades de difusión e promoción do seu patrimonio arquitectónico e cultural. Dentro da axenda de actividades celebrarase unha visita guiada ao Museo do Viño de Galicia, o venres 23 de agosto, con saída de Ribadavia ás 18:30 e volta dende o museo do viño ás 20:30. Esta visita guiada, totalmente gratuíta, está concebida para un máximo de 30 persoas e as reservas poderán facerse na Oficina de Turismo de Ribadavia, no Museo Etnolóxico ou no propio Museo do Viño de Galicia.

Por outra banda, o sábado 24 de agosto levarase a cabo unha visita nocturan teatralizada ao castelo e o casco histórico de Ribadavia. A actividade, denominada “A Noite dos Condes”, iniciarase ás 22:00 e ten un aforo máximo de 40 prazas e mínimo de 30. Esta visita nocturna teatralizada, que permitirá aos participantes viaxar no tempo e coñecer a historia do castelo e o barrio xudeu de Ribadavia, ten un prezo de 8€ por persoa e as reservas poderán facerse na oficina de turismo de Ribadavia, ou chamando ao número de teléfono 617557961.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández manifestou que “a través destas actividades pretendemos difundir e dar a coñecer o rico patrimonio arquitectónico e cultural co que conta Ribadavia. Unha vila e un concello claves para entender e interpretar a historia de Galicia.”

Check Also

Normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal do posto de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar no Concello de Ribadavia.

Francisco Fernández Castro, secretario do concello de Ribadavia CERTIFICO : Que a xunta de goberno …