Ribadavia coa Cultura do Viño

O Concello de Ribadavia e a entidade Galicia.wine, en colaboración co Museo do Viño de Galicia, a Asociación Amigos do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR) e a UNED Ourense, organizan a seguinte programación de cursos arredor da cultura do viño co obxectivo de achegar a posibilidade de coñecer mellor os nosos viños e os do resto do mundo.
Os cursos propostos abranguen desde nocións básicas ata certificacións internacionais de recoñecido prestixio.
1. Os cursos que contarán con acreditación da UNED Ourense:
Curso de Iniciación á Cultura do Viño – 6 h. (8 e 15 de outubro de 2020)
Os grandes clásicos de Europa: España, Francia e Italia – 6 h. (12 e 19 de novembro de 2020)
Ao remate dos cursos farase entrega dun diploma de asistencia por 6 horas de duración.
No caso de non poder levarse a cabo os cursos, procederase á devolución das taxas de inscricións dos cursos.
2. Os cursos para obter a certificación internacional do WSET (Wine & Spirit Education Trust) son os seguintes:
WSET Nivel 1 (19 de outubro de 2020)
WSET Nivel 2 (23 e 24 de novembro de 2020)
*Nas cualificacións WSET, o remate do prazo de inscrición será de tres semanas antes da data de celebración dos cursos.
Para realizar a inscrición ou calquera información adicional:
Jorge Vila – Director de www.galicia.wine
T. 661 957 861
info@galicia.wine

Check Also

DOG 19/01/2021

ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 …