RIBADAVIA CONTARÁ CON UN CIRCUITO DE WORKOUT OU CALISTENIA NA ÁREA RECREATIVA DA VERONZA

● A actuación lévase a cabo dentro do marco da Mancomunidade Turística dos concellos de Ribadavia, Carballiño, Boborás e Leiro.


Ribadavia, 25 de novembro de 2019.- Ribadavia contará con un circuito de workout ou Calistenia na área recreativa da Veronza. O workout é unha modalidade de adestramento deportivo ao aire libre. Está dirixido a tódolos públicos; trátase dunha actividade que pretende ofrecer, mediante equipamentos diversos, a posibilidade de traballar diversos grupos musculares, favorecendo un exercicio máis completo -e complementario- que o sendeirismo e o running.

A actuación consistirá na colocación de cinco módulos de Workout, con preparación do chan. Os módulos que se colocarán serán un banco de abdominais, un equipo de barras curtas, un cubo, un monkey bar e barras paralelas; ademais, colocarase un sinal informativo de presentación do circuíto, no que figurarán as instrucións de uso de todos os aparatos con apoio de elementos gráficos.

Check Also

EXTRAORDINARIAS.”Crecendo do local ao global”

Proxecto de formación dixital gratuito: “Extraordinarias” Un programa de capacitación para a transformación e marketing …