RIBADAVIA PROBA A EMISIÓN DO PRIMEIRO PLENO DE 2016 A TRAVÉS DA SÚA WEB

O Concello de Ribadavia trasmitirá en directo o seu primeiro pleno ordinario deste ano a través do seu espazo web www.ribadavia.es.

Trátase dunha proba que se agarda sexa definitiva para implantar esta medida contemplada dentro do regulamento de Participación Cidadá, o cal aprobouse o ano pasado a petición de Ribeiro en Común.

O alcalde, José Ignacio Gómez Pérez, trasladou a proposta de proba ao resto de representantes da corporación, os cales aceptaron levar a cabo a proba e mantela definitivamente se todo sae satisfactoriamente.

O emprego da cámara, e posterior emisión na web do concello, tamén se aplicaría a outros eventos que sexan de interese para a cidadanía e que teñan lugar no salón de plenos.

Check Also

PRAZAS POLICÍA LOCAL DE RIBADAVIA

Hoxe saiu publicada no BOE (Boletín Oficial del Estdo) a convocatoria das cinco prazas de …