SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

AVISO DA AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE RIBADAVIA, CARBALLEDA DE AVIA E CASTRELO DE MIÑO.

ABERTO PRAZO PARA PRESENTACIÓN PARA ANOTARSE AS LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA.
Presentación de instancias
Realizarase anualmente dentro do prazo establecido no artigo 6º do Decreto 37/2006 que abrangue do 1 de marzo ao 30 de abril. Aquelas persoas que queiran inscribirse nas listas de contratación temporal poderán facelo sempre que cumpran os requisitos da lista correspondente (titulación, coñecemento do idioma galego e os demais que para cada caso estableza a correspondente resolución de apertura da lista).

https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

ABERTO PRAZO POLA QUE SE CONVOCAN PROBAS DE AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN.

Prazo de presentación de solicitudes:

Desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de marzo de 2020

https://ceei.xunta.gal/

Para máis información poden asistir ou chamar o servizo de orientación laboral no concello de Ribadavia.
Telefono 988477100 e preguntar por Merce ou Inés

Ribadavia a 4 de marzo de 2020

Compartir

Check Also

RIBADAVIA CELEBRARÁ O DÍA DO LIBRO DURANTE TODA A SEMANA CON DESCONTOS NAS SÚAS LIBRARÍAS.

A semana que ven en Ribadavia celebramos A SEMANA DO LIBRO, do 19 ao 25 …