SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PRIVADAS PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO EN GALICIA

A Axencia de Turismo de Galicia ven de publicar as bases das subvencións a entidades privadas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento en Galicia.

Entidades beneficiarias: As entidades ou empresas que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT) o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda.

Poderán ser obxecto de subvención os seguintes investimentos:

– Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

– Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.

– Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

– Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.

– Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións, así como embelecemento do contorno.

– Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.

Prazo de presentación de solicitudes: remata o día 24 de febreiro de 2018.

Prazo de xustificación da subvención: O prazo para xustificar a subvención será o 31 de outubro de 2018.

Pode consultar as bases da subvención premendo aquí.

Check Also

ÁBRESE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019

O Concello de Ribadavia, a través da súa Concellería de Benestar Social, convoca por quinto …