SUBVENCIÓNS PARA MANTEMENTO DE CAMPOS DE FUTBOL NO 2017

Segundo o acordado no Consello Rector do Consello Municipal de Deportes, apróbanse as bases para as subvencións a entidades deportivas para o mantemento dos campos de fútbol deste ano 2017.

Serán gastos subvencionables aqueles relacionados co mantemento funcional da instalación no día a día nos que se incluen : reposición de materiais , limpeza , tarefas de mantemento e pequenos arranxos como: reposición de todo tipo de material inventariabel , traballos propios de mantemento e limpeza das instalacións e material deportivo sempre que sexa material fixo inventariabel da instalación (porterias,redes,banquiños , marcadores , etc)

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data.

Poderán ser beneficiarios destas axudas :

  • Entidades deportivas, con domicilio social no concello de Ribadavia, que fagan uso de xeito regular(durante a tempada) das instalacións obxeto da subvención
  • Ter asinado convenio de colaboración na tempada 2016/17 co Concello de Ribadavia

Pode consultar as bases premendo aquí; e o anuncio da convocatoria do Concello premendo aquí. 

 

 

 

 

Check Also

AXUDA PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

Axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia que ten a …