SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL E NOVAS FÓRMULAS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no DOG nº 23 do 1/2/2018 as subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal para o ano 2018.

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal.

Os proxectos de expansión comercial poderanse basear no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo.

Considérase proxecto de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por  comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida.

Beneficiarios das subvencións

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, e que, en todo caso, cumpran ademais os requisitos sinalados na Orde.

Prazo de presentación de solicitudes: remata o día 2 de abril de 2018.

Pode consultar as bases íntegras da convocatoria premendo aquí.

Check Also

MEDIDAS PREVENTIVAS CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

Bando informativo sobre as medidas preventivas contra incendios forestais. Infórmase que segundo a normativa vixente …