SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL

Axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia que subvenciona proxectos de expansión do sector comercial retallista, tales como a apertura dun novo establecemento comercial ou a apertura de proxectos pilotos pop-up de expansión comercial por un prazo máximo de 2 meses,  por comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

– Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estean dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal da solicitante, de forma ininterrompida, nos últimos dous anos.

– Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

Prazo para a presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Pode consultar as bases da convocatoria premendo aquí.

Check Also

AXUDA PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CREACIÓN DE EMPREGO E INCREMENTO DA ESTABILIDADE LABORAL

Axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia que ten a …