Xornada “As Directrices da Paisaxe de Galicia”

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia está a desenvolver a Estratexia da Paisaxe de Galicia. Nunha fase previa, contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia, a cal deu como resultado un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa da planificación da paisaxe.

Baseándose no Catálogo de Paisaxes de Galicia, corresponde elaborar nesta segunda fase as determinacións e obxectivos de calidade paisaxística, criterios e accións, que conformarán as Directrices da Paisaxe. Entendendo que este proceso debe recoller as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes.

Para a participación nos diferentes obradoiros faise unha xornada, este sábado 5 de marzo ás 17:00 horas, na Casa da Cultura de Ribadavia. Pode participar calquera persoa interesada en tomar parte na elaboración da Estratexia da Paisaxe de Galicia, non sendo preciso axeitarse a ningún perfil profesional concreto. Se queres participar no proxecto envía un correo electrónico a: atlaspaisaxe.iet@gmail.com, na Concellería de Medio Ambiente no Concello de Ribadavia, ou o mesmo sábado antes da xornada.

11_folleto RibadaviaREDREVDEF

Check Also

Logo-Web-Ribadavia3

POSTOS DA PRAZA DE ABASTOS

Acórdase abrir un listado para que as persoas interesadas en obter a concesión de postos …