XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO NOMEADO FILLO PREDILECTO DE RIBADAVIA

O pleno do Concello de Ribadavia, na súa sesión ordinaria de data de 28 de Marzo de 2019 adoptou o seguinte acordo:

Considerando que con data de 28 de febreiro de 2019 o pleno do concello de Ribadavia adoptou o seguinte acordo: que o Concello de Ribadavia proceda ao Nomeamento de fillo predilecto de Ribadavia a título póstumo, a Don Xosé  Carlos Gómez Alfaro. Seguindo o Regulamento de honras e distincións do Concello de Ribadavia de 29 de xuño de 2012

Visto o   Regulamento de Honras e Distincións do   Concello de Ribadavia que no seu artigo 4 prescribe:” O título de fillo predilecto outorgarase a aquela persoa física que, nacendo no Municipio, demostrara calidades, méritos persoais , ou servizos prestados en beneficio ou honra de Rivadavia e que alcancen consideración indiscutible no concepto público.”

Tramitado o procedemento establecido no Regulamento de Honras e Distincións do concello de Ribadavia.

ACÓRDASE :

Nomear a don Xosé Carlos Gómez Alfaro   Fillo Predilecto do concello de Ribadavia.

 

Check Also

EXTRAORDINARIAS.”Crecendo do local ao global”

Proxecto de formación dixital gratuito: “Extraordinarias” Un programa de capacitación para a transformación e marketing …