Bonos Activa comercio – Adhesión comercios

Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301A).

O obxectivo do programa bonos Activa comercio é incentivar a demanda comercial axudando economicamente as persoas consumidoras e fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

Actividade subvencionable e condicións do uso do bono

As vendas subvencionadas serán as realizadas no prazo de tres meses contados desde a data 3 de maio de 2021.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 30 euros para as compras nos comercios adheridos.

O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Alta e requisitos dos comerciantes para a adhesión ao programa

1. Os establecementos comerciais retallistas que desexen adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse a través da web https://www.bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información:

• Nome e apelidos ou razón social.

• Establecemento comercial en Galicia.

• NIF ou CIF.

• Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.

• Nome comercial.

• Enderezo do establecemento comercial.

• Número de teléfono móbil.

• Correo electrónico.

• IAE (incluído no anexo I).

• Data de alta da actividade comercial.

• Número de persoas traballadoras da empresa ou autónomo.

• IBAN da conta bancaria.

• Páxina web do establecemento comercial.

2. O prazo para adherirse ao programa será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, é dicir, dende o 15 de abril ate o 15 de maio de 2021.

3. Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas de conformidade co previsto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño.

c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.

O nome comercial e localización dos establecementos retallistas adheridos ao programa bonos Activa comercio farase público na web https://www.bonosactivacomercio.gal.

Os comerciantes adheridos ao programa recibirán cunha periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.

Presentación da solicitude dos bonos (A partir do 3 de maio de 2021)

1. Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta na web
https://www.bonosactivacomercio.gal, e indicar a seguinte información:
a) Nome e apelidos.
b) Localidade de residencia en Galicia (código postal).
c) Maioría de idade.
d) DNI ou NIE.
e) Número de teléfono móbil.
f) Correo electrónico.

Sistema de funcionamento dos bonos

1. A descarga do bono pola persoa usuaria realizarase na web: https://www.bonosactivacomercio.gal, e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda. O bono terá formato dixital a través dun código QR e estará dispoñible para a súa utilización na APP Wallet.

2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos aos consumidores e usuarios, o comerciante terá que descargar no seu móbil a APP correspondente.

3. No momento da compravenda, o comerciante terá que introducir na APP o importe e concepto da venda, automaticamente aparecerá o importe a cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, o usuario deberá mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.

Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 3 de maio e terán una validez de tres meses.

Vixencia do programa

O programa bonos Activa comercio estará vixente ata o 31 de decembro de 2021.

 

Pode consultar as bases íntegras da convocatoria na seguinte ligazón premendo aquí.

Compartir

Check Also

BONO NATALIDADE DO CONCELLO DE RIBADAVIA.

A Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria celebrada o pasado 3 de maio …